Afirmación
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Afirmación, a negación e a dúbida son tradicionalmente consideradas as tres modalidades de enunciación oracional.
Calquera enunciado sen marca ningunha de modalidade é de seu afirmativo. Agora ben, é posible enfatizar mediante marcas o carácter afirmativo: Si, heicho traer.
A afirmación serve frecuentemente para responder secuencias interrogativas. A resposta afirmativa absoluta considerada máis tradicional na nosa lingua é a que consiste na repetición do verbo:
-
-
- -¿Fostes a cas de Bruno?
- -Fomos
-
Outras posibles respostas a esa pregunta serían:
-
-
- -Fomos, si
- -Si, ho
- -Abofé que si
- -Xaora
- -Efectivamente
-
[editar] Véxase tamén
- Modalidade de enunciación oracional