Aerofaxia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A aerofaxia é unha disfunción do aparello dixestivo que consiste na tendencia a deglutir aire que se acumula no estómago. Provoca gases intestinais, eructos crónicos, somnolencia, cabeza pesada e pode ser causado por comidas pesadas ou abondosas, bebidas con gases ou ser un síntoma doutras afeccións corporais.