Abordaxe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A abordaxe é o choque de dous navíos, pode resultar en graves danos para as embarcacións e mesmo no naufraxio de un ou dos dous navíos. Existe un regulamento internacional para previr as abordaxes do mar, coñecido como colreg que é o conxunto de códigos internacionais que definen as regras que se teñen que respectar no mar (sinalización, prioridade...) e que publica a Organización Marítima Internacional.
A abordaxe é tamén a acción final nun combate naval onde os dous navíos están un o cabo do outro e no que a tripulación dun dos navíos pasa a bordo do outro navío coa fin de asegurar a dominación do adversario e conquistar ou afundir o barco inimigo.