A Degolada, Baleira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Lourenzo da Degolada
- Freguesía que limita ao Norte con Paradavella (concello da Fonsagrada), ao Sur con Freixo (concello da Fonsagrada), ao Leste co concello da Fonsagrada e, a²²o Oeste coa Lastra. Pertence o arciprestado de Valdepedroso e ten unha poboación de 36 habitantes agrupados en 4 entidades, cunha densidade media de 9 hab/km² no 2003. Merece destacarse unha serie de notorios vestixios da cultura castrexa, que se localizan nunha ladeira próxima a aldea do mesmo nome.
- As entidades de poboación son as seguintes: O Castro (11), O Couto (21), A Degolada (3) e Eiros (1).
Situacion xeografica da capital parroquial:
Latitude: 43º 03'
Lonxitude: 7º 10'
Superficie: 4,02 Km²
Altitude media: 740 m.
- Monumentos:
Na aldea do Couto encontramos o monumento máis significativo desta parroquia; referímonos á Igrexa parroquial de San Lourenzo da Degolada, parada obrigatoria a todo aquel peregrino que vaia a Santiago a través do Camiño Primitivo. O edificio, de pranta rectangular de construción moderna, cuxas remodelacións recubriron o edificio antigo, aínda que conserva elementos da construción primitiva. Conserva no altar maior un retablo sinxelo de estilo barroco.
Lugares da parroquia de A Degolada no concello de Baleira (Lugo) | |
---|---|
O Castro | O Couto | A Degolada | Eiros |