Órgano (bioloxía)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos, vexa: Órgano (homónimos)
En bioloxía, principalmente na anatomía, un órgano é un conxunto de tecidos que evoluíron para executar unha determinada función vital.
Algúns órganos comúns aos vertebrados son o corazón, o cerebro, o estómago, etc.
Nas plantas "superiores", os órganos principais son a raíz, o caule, as follas, as flores e os froitos.
Un conxunto de órganos con funcións relacionadas chámase un sistema, conformando unha función máis complexa. Por exemplo, o sistema respiratorio dos animais ou o sistema radicular das plantas vasculares.